O 'caloret' instalarase nas Rías Baixas, se a bruma o permite...
Por Oskar Viéitez
MeteoGalicia anuncia a "entrada dunha masa de aire cálido procedente do Sahara" que en confluencia coas altas presións deixarán nas Rías Baixas unhas xornadas moi calorosas "para esta época do ano". As brumas costeiras rebaixaron esta calor.
Ese aire africano farase notar especialmente durante a xornada do sábado subindo as temperaturas ata os 30 graos nas Rías Baixas. Unicamente as brumas costeiras suavizarán algo a temperatura.
Polo tanto, será un fin de semana de sol e praia, ou de sol e montaña, pero caloroso en calquera caso.
Este prognóstico mantense durante varios días.