Xende revive a romaría dos ataúdes
Por Diego Torrado
O santuario do Santo Cristo de Xende reviviu esta fin de semana a tradición dos 'ofrecidos' que desfilan no interior de ataúdes na procesión. Un costume que se celebra dende o século XVII.
É unha imaxe que se repite noutros puntos de Galicia como en Santa Marta de Ribarteme ou San Andrés de Teixido, onde aquelas persoas que queren agradecer terse salvado da morte ou ter sufrido unha enfermidade importante, acoden á igrexa no interior dun féretro.
Non é o único ingrediente relixioso-festivo típico desta romaría xa que aquí tamén os devotos chegados dende distintos municipios da comarca de Pontevedra e dos concellos próximos de Beariz ou Avión, pasan un pano pola imaxe ou dar voltas arredor da igrexa ou no vía crucis, descalzos ou de xeonllos.
Ao final do vía crucis hai un cruceiro no que os romeiros dan nove voltas como parte dun ritual de protección.