David Couñago, presidente do comité de empresa de Treves: "Vamos ter un 2013 conflitivo"
Por Anxo Lourido
"O 2013 vai ser un ano conflitivo. A dirección de Treves quere aplicar a reforma laboral do PP" así manifesta David Couñago, presidente do comité de empresa da fábrica do Polígono do Campiño. Afirma que as catro reunións que mantiveron a empresa e os representantes sindicais foron un "paripé" porque só había desacordo na equiparación dos días de regulación de emprego entre as distintas categorías de traballadores. "As diferenzas eran mínimas" asegura Rafael Iglesias, secretario comarcal da CIG.
Na última reunión mantida este xoves 27, a empresa negouse a negociar a pesar da presenza do Xefe da Inspección de Traballo, José María Casas de Ron, a quen dende a CIG, sindicato con maioría no comité de persoal de Treves, culpan de non ter forzado á empresa a chegar a un acordo.
O día 12 de xaneiro, os traballadores da factoría están convocados a unha asemblea nos locais sindicais e alí decidirán os actos de protesta que levarán a cabo durante os próximos meses. "Non vamos quedar coas mans pechadas cando a dirección de Treves quere aplicar a reforma laboral do Partido Popular e agora vamos ter que ir a un acordo de mínimos", afirma David Couñago.