A Brilat dá por concluída a misión en Mali
Por Redacción
Os soldados da Brigada de Infantería Lixeira Aerotransportable (Brilat) despregados desde o mes de novembro en Mali regresaron á casa. A primeira hora deste martes aterraron no aeroporto militar de Lavacolla os últimos 84 militares que quedaban despregados en zona de operacións.
Coa chegada desta segunda rotación, péchase o repregue da misión, unha semana despois de que o 5 de maio chegasen a España os primeiros 18 efectivos que realizaban a Misión de Adestramento da Unión Europea (EUTM) en Mali.
Segundo informou a Brilat, o avión aterrou en Santiago ás 7.50 horas e esperábanlle numerosos familiares e compañeiros que deron aos soldados un recibimiento emocionado, á vez que despregaron pancartas e o xeneral da Brigada, Luís Cebrián Carbonell, saudounos un a un. O reencontro, logo de seis meses de misión, deixou imaxes de emoción e alegría.
Os efectivos da Brigada conformaron o quinto continxente da misión española en Malí. A misión está estructurada nunha Compañía de Protección da Forza xerada sobre a base da segunda Compañía do Batallón Zamora, pertencente ao Regimiento de Infantería Isabel a Católica 29, e nun Equipo de Instrutores de Apoios de Lume, no que se encadran oficiais e suboficiales do Grupo de Artillería de Campaña VII e do Regimiento Isabel a Católica 29.
Os soldados estiveron despregados desde o mes de novembro na capital de Mali, Bamako, e na localidade de Koulikoro, unha pequena e tradicional localidade situada na ribeira oeste do río Níger, a 60 quilómetros da capital maliense. O obxectivo da misión que asumiu a Brigada é apoiar ás forzas armadas de Mali mediante o asesoramiento nos ámbitos do mando e control, da logística, dos recursos humanos e do dereito humanitario internacional, ademais do adestramento das unidades de combate malienses para que alcancen a capacidade suficiente que lles permita actuar, de forma autónoma, fronte á ameaza yihadista do norte do país.