Buscan familias sanxenxinas para implantar o programa de compostaxe doméstica
Por Redacción
A Concellaría de Medio Ambiente do concello de Sanxenxo celebrará este mércores unha charla informativa, a partir das 20.00 horas, no Centro de Interpretación As Telleiras, en Vilalonga, sobre a compostaxe doméstica. E é que o Concello de Sanxenxo selecciona fogares do municipio para implantar o programa promovido pola Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama).
Para sumarse a esta iniciativa, os interesados deberán cumprir unha serie de requisitos como residir nunha vivenda unifamiliar que conte con horta, xardín ou terras de cultivo; asistir á xornada formativa que terá unha duración aproximada de dúas horas, utilizar o compostero para a finalidade prevista, achegar os datos de seguimento solicitados pola Concellaría de Medio Ambiente polo menos durante un ano, así como permitir ao persoal municipal realizar unha visita ao fogar para avaliar a elaboración do compos.
Aquelas persoas que desexen sumarse ao programa deberán anotarse na Oficina de Medio Ambiente, que se encargará de seleccionar a 25 fogares por rigorosa orde de inscrición. En caso de que existan máis solicitudes, crearase unha lista de espera por se se producise algunha baixa.