Dúas mulleres resultan feridas ao precipitarse un montacargas dende 5 metros de altura en Sanxenxo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Os servizos sanitarios de urxencia atenderon en Sanxenxo a dúas mulleres que resultaron feridas ao caer un elevador dende cinco metros de altura pasadas as 12.30 horas deste domingo 3 de maio. O accidente rexistrábase no lugar da Torre, na parroquia de Dorrón.
As dúas mulleres que sufriron feridas de distinta consideración mantivéronse en todo momento conscientes, segundo informa o servizo de Emerxencias do 112. O suceso producíase cando estaban a cargar material nun elevador que se encontra no interior dun garaxe dun edificio. Por razóns que aínda se están a esclarecer, o montacargas cedía e as afectadas caían ao chan.
Ata o lugar desprazáronse efectivos de Emerxencias de Sanxenxo, que foron os encargados de socorrer as dúas feridas.