Os bombeiros sufocan o incendio dunha cociña en Simón Bolívar
Por Diego Torrado
Efectivos do Corpo de Bombeiros de Pontevedra acudiron ás 9:50 horas da mañá deste venres 1 de maio a unha vivenda da zona da Casa do Mar para apagar o lume xurdido na cociña.
Concretamente os axentes do servizo municipal contra incendios acudiron a un primeiro piso dun edificio da rúa Simón Bolívar.
Como resultado do incidente, resultou afectada parte da cociña do piso.
O incendio aconteceu cando había dúas persoas dentro de vivenda, non se produciron riscos persoais, aínda que causou gran balbordo.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia, foron os veciños do inmoble quen alertou os servizos de emerxencia da existencia dunha gran cantidade de fume estancado nas zonas comúns do edificio e de que os inquilinos da vivenda afecta pedían auxilio.
Ao lugar do suceso tamén acudiron varias patrullas da Policía Local de Pontevedra e unha ambulancia medicalizada do 061, mais non foi necesaria a súa intervención.