Marín súmase a un proxecto de xestión intelixente dos bens municipais
Por Redacción
O concello de Marín súmase ao proxecto DepoGap que promove a Deputación de Pontevedra, que pretende obter información interna que permita optimizar a xestión de edificios públicos, instalacións deportivas, mobiliario urbano, entre activos, para adoptar unha serie de decisións que poidan xerar aforros.
DepoGap é un proxecto de base tecnolóxica, cofinanciado nun 70% a través de fondos europeos Feder, que mellorará os servizos públicos prestados implementar un novo modelo innovador de xestión intelixente dos seus activos, mediante a colaboración dos concellos e a participación dos cidadáns na xestión local.
Edificios públicos, instalacións deportivas, colexios públicos, iluminación pública, vías públicas, parques e xardíns, vehículos, mobiliario urbano, sistema e redes de auga, saneamento, colectores... o seu mantemento constitúe unha das principais partidas de gasto do presuposto municipal.
Un equipo multidisciplinar contratado pola Deputación de Pontevedra fará a recollida de datos, o control e o seguimento e presentará o traballo coas actuacións a levar a cabo.
O goberno local de Marín considera que esta é unha forma moi importante de seguir aplicando criterios de eficiencia e de xestión que cada vez máis debe perseguir o fin das administracións, xestionar cada vez máis e mellor.