O PP denuncia que unha de cada cinco vivendas do "casco histérico" está deshabitada
Por Natalia Puga
Unha de cada cinco vivendas do casco histórico están, segundo Novas Xeracións de Ponteveda, "deshabitadas o en estado de ruína". A situación afecta, segundo os seus cálculos, a 300 das máis de 1.700 casas desa zona da cidade e motiva que os mozos do PP teñan bautizado como "casco histérico".
Novas Xeracións de Pontevedra puxo en marcha a campaña "Denuncia Casco Histérico" para denunciar esa situación de abandono, que, na súa opinión, leva a casos de feísmo, risco para os viandantes e problemas de salubridade.
O secretario de Novas Xeracións de Pontevedra e número 18 da candidatura do PP á Alcaldía de Pontevedra, David Lamoso, denunciou que a cidade do Lérez ten "una zona monumental con mucho potencial no aprovechado correctamente" na que conviven o feísmo urbano, situacións de perigo para os transeúntes polo risco de derrubamento dalgúns dos edificios e rico para a saúde pública pola presenza de colonias de animais, dende gatos a paxaros abandonados.
Ante esta situación, dende Novas Xeracións instan ao Goberno municipal que saia das urnas o próximo 24 de maio a que traballen para buscar unha solución e que "preparen un plan de conservación y mantenimiento de la zona monumentral de Pontevedra".
O vicesecretario de Organización de Novas Xeracións, Antonio Vázquez, explicou que dentro desta campaña fíxose unha compilación de imaxes dos edificios en peor situación, entre os que figuran os da rúa César Boente ou os do entorno do Teatro Principal. "Vas por el casco historio, es bonito y, de repente, te encuentras con ese feísmo, da aspecto de una ciudad abandonada", indica.
LOURO PIDE ACELERAR O ARI
En relación coa conservación do casco histórico, este xoves o concelleiro de Urbanismo de Pontevedra, Antón Louro, quixo trasladar ao Ministerio de Fomento que "non ten unha semana máis que perder" para a posta en marcha das novas Áreas de Rehabilitación Integral (ARI), entre as que figura a do centro histórico de Pontevedra.
Despois de que o Concello aprobara a memoria-programa non hai ningunha nova sobre a distribución dos escasos fondos que o Ministerio asignou ao actual Plan Estatal de Vivenda 2013-2016. "Levamos xa perdidos dous anos por falta de financiamento e agora, entrados en 2015, parece que seguen sen ter présa", lamenta Louro.
Louro tamén fai referencia á Xunta de Galicia que, por primeira vez na historia, non asigna nin un só euro ao Plan de Vivenda, polo que se desmarca totalmente da política de rehabilitación edificatoria na comunidade autónoma.
Relacionadas:
-
Patrimonio autoriza a declaración de ruína "condicionada" do Pazo Mariño de Lobeira
Por Redacción |
-
O Concello agarda que o ARI do centro histórico sirva como "estímulo" para os propietarios
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello propón un investimento de seis millóns de euros no ARI do centro histórico
Por Redacción |