De maior quero ser... policía e moitas profesións máis
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/0b5/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/55411bf0d3-20150429_jcervera_088.jpg)
© Xunta de Galicia
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/2fe/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/55411c3915-20150429_jcervera_093.jpg)
© Xunta de Galicia
Os alumnos da escola infantil da delegación territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra estanse achegando ao mundo das profesións. Este mércores coñeceron o día a día dos axentes da Policía Autonómica, pero non é o único traballo sobre o que terán información, pois están a celebrar a quincena das profesións, na que as familias están a contar aos nenos a súa labor diaria como profesores de ximnasia, médicos, policías, avogados ou funcionarios.
Ademais de recibir as visitas dos pais para que poidan comprender un pouco mellor o día a día dos seus proxenitores, os 15 nenos de terceiro de educación Infantil desta escola desprazáronse ás instalacións da Comisaría da Policía Autonómica situada na propia delegación da Xunta para coñecer os vehículos cos que traballan os axentes.
Os axentes tamén lles amosaron o material que adoitan utilizar, todo coa finalidade de que os máis pequenos perdan o medo ao uniforme e saiban que poden contar con eles se se perden ou teñen calquera incidente na rúa.
Segundo informou a Xunta de Galicia, a próxima semana os bombeiros de Pontevedra levarán ata a instalacións autonómicas os seus camións para explicar aos nenos a súa labor e responsabilidades.