![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/163/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/553a59aec5-img_8854.jpg)
CC BY-NC-SA PontevedraViva
O Congreso Internacional de Ciencias do Deporte regresa a Pontevedra os días 7, 8 e 9 de maio
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Pazo da Cultura acollerá un ano máis, e van once, o Congreso Internacional de Ciencias do Deporte e a Educación Física os días 7, 8 e 9 de maio.
Máis de 200 persoas inscribíronse xa a unhas xornadas que contan con superar os 300 participantes e que centran os seus obxectivos en dar a coñecer as últimas investigacións no ámbito do deporte e a educación física.
Trátase, segundo explicou na presentación do evento o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, de "un congreso que encaixa cunha cidade que probablemente sexa a máis deportiva de Galicia".
As conferencias están dirixidas a estudantes universitarios, docentes, técnicos de clubs deportivos, deportistas e pais de deportistas.
Entre os relatores encóntranse especialistas de diversas universidades españolas e estranxeiras, destacando a presenza de Jesús Bernardo, experto en nutrición deportiva do comité Olímpico Español.
As inscricións permanecerá abertas ata o día 1 de maio na web www.congresodeporte.com.
Acompañaron ao alcalde na presentación o Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, e Víctor Arufe, responsable da organización.