As matemáticas xogan unha mala pasada a un coñecido delincuente
Por Oskar Viéitez
Un erro nunha conta provocou que un coñecido delincuente pontevedrés fose detido por un delito de furto.
O individuo en cuestión demostrou ter un gran coñecemento de Dereito Penal, pero afrouxou en matemáticas.
O Código Penal español contempla que aquel que se leva bens doutras persoas, sen utilizar a forza nin a intimidación e por valor inferior aos 400 euros nin sequera concorre en delito, senón nunha falta, polo que sairá libremente de comisaría en caso de ser detido. ÿ dicir, roubar no sentido común do termo, sáelle gratis a estes sabichóns.
No caso que nos ocupa, Alvaro G., de 38 anos, un asiduo das comisarías pontevedresas con numerosos antecedentes por faltas de furto, foi interceptado o pasado venres por unha patrulla da Policía Local de Pontevedra á altura da ponte das Correntes en dirección ao Vao, portando unha gran bolsa e en actitude sospeitosa. Os axentes danlle o alto e pídenlle que mostre o seu contido, descubrindo que consistía en roupa e zapatillas que acababa de levarse sen pagar da tenda de Zara.
Confiado en que o valor do sustraido non superaba os 399 euros, el mesmo describiu o seu botín aos policías: 5 pares de zapatillas, 5 blusas e 5 camisetas.
Non obstante cando os axentes revisan a bolsa e recontan o material comproban que Alvaro contou mal e que non son 5 senón 6 as camisetas furtadas, o que incrementa o botín en 20 euros, suficiente para que a falta se converta en delito o que expón a este caco a unha pena de prisión de ata 18 meses.