A Deputación destina a Poio 53.000 euros para pavimentar catro camiños no municipio
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra acordou na súa Xunta de Goberno deste venres destinar 53.000 euros para pavimentar catro camiños do concello de Poio. Segundo o proxecto aprobado polo organismo provincial, acometeranse traballos de mellora do firme nos camiños de Seixiños, Abal, A Fonte e Tarrío.
Trátase duns traballos que formarán parte do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015.
As obras inclúen a limpeza e roza das marxes destas vías, a limpeza das gabias, o acondicionamento da rede de recollida de pluviais, así como a reposición de canalizacións e reparación do enreixado e tapas nas zonas onde o seu estado así o requira.
Ademais, con cargo aos mesmos fondos, a Deputación entregará un total de 94.291,29 euros ao Concello de Poio para que faga fronte a amortización de débedas. Antes de recibir eses cartos, o goberno municipal terá que xustificar esas cantidades previamente.