Un festival rompedor dará o peche a Noites Abertas 2015 o último sábado de abril
O programa de Noites Abertas concluirá o próximo sábado 25 de abril tras case tres meses de actividades deportivas, culturais, obradoiros, xogos e rutas.
As últimas actividades do programa comezarán ás 18:30 horas da tarde na Praza Curros Enríquez. Demetrio Gómez, concelleiro de Xuventude, comentou durante a rolda de prensa deste venres que a festa de peche non seguirá a liña do resto de actividades desenvolvidas nas Noites Abertas. A festa do sábado terá o carácter dun festival con exhibicións das distintas actividades que se realizaron dende o 23 de xaneiro.
A rúa será o escenario dese sábado que comezará cun pasarrúas de batukada ás 18:30 horas, seguido por unha exhibición de danza moderna e a actividade de desinhibición de rúa.
Ás 19:00 horas estrearase o documental de Noites Abertas. Unha filmación de máis ou menos unha hora de duración que estará dividida en catro capítulos que se irán intercalando en descansos das actuacións musicais, segundo comentou Demetrio Gómez.
Os concertos que poñerán ritmo á xornada empezarán a soar a partir das 19:30 horas da tarde cos grupos locais Andhor, o coro do local, Como el jueves e o grupo The Soul Breakers. Estes últimos gañadores do premio do público no Certame Fest do pasado 11 de abril.