Un grupo de 12 cans invade a calzada e provoca a colisión de dous coches en Vilagarcía
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A irrupción dun grupo de arredor de 12 cans no medio da calzada provocou un accidente en Vilagaría de Arousa na noite deste martes e deixou unha muller ferida.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, ao irromper na calzada o grupo de cans dous turismo chocaron. Todo ocorreu na PO-529 arredor das 22.40 horas, segmpre segundo a versión dos implicados no sinistro.
Como consecuencia do impacto, unha muller resultou ferida e tivo que ser evacuada polos servizos sanitarios de urxencia. O persoal do CAE 112 Galicia tivo coñecemento do suceso grazas á chamada dun particular e a partir de aí activou un operativo no que participaron Urxencias Médicas, a Garda Civil de Tráfico e o Servizo Municipal de Emerxencias.
O 112 tamén pediu a colaboración dos membros do servizo de limpeza e mantemento da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas que, ademais, se encargou de retirar os cans da estrada.