Un ferido leve ao envorcar unha furgoneta en Dadín
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Unha persoa resultou ferida con carácter leve a primeira hora deste domingo nun accidente de tráfico rexistrado no lugar de Dadín, en Sanxenxo, por causas que aínda se descoñecen.
Segundo informou o servizo local de xestión de Emerxencias do Concello de Sanxenxo, o accidente, que consistiu no xiro dunha furgoneta, obrigou a intervir aos efectivos tanto para a atención do sinistro coma para as tarefas de limpeza da vía posteriores para retirar os restos do vehículo que quedaron tirados no medio da calzada.
O Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112 ten rexistrado o sinistro cinco minutos antes das nove da mañá deste domingo. Ademais de Emerxencias de Sanxenxo, tamén se desprazou ao lugar a Policía Local da localidade.