Morre unha moza de 21 anos nun accidente de tráfico en Cambados
Por Oskar Viéitez
O centro de Atención de Emerxencias CAE 112 informou dun accidente de tráfico acontecido na estrada PO-300 en Cambados ás 21.01 horas do luns.
Segundo informaron dende Protección Civil de Cambados unha moza de 21 anos faleceu tras envorcar o Citroen Saxo no que viaxaba nunha recta da parroquia de Oubiña.
A falecida J.B.G, ocupaba o asento do copiloto o seu interior. A condutora M.B.R.F, de 18 anos e veciña de Sanxenxo foi trasladada ao Hospital do Salnés consciente.
A Garda Civil investiga la implicación de un segundo turismo nas causas deste suceso. O vehículo no que viaxaban as dúas mozas invadiu o carril contrario ata golpearse contra a cuneta quedando envorcado a consecuencia do impacto.