Un incendio obriga a cortar ao tráfico o enlace da vía rápida en Vilanova
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un incendio forestal declarado na tarde deste domingo en Vilanova de Arousa, na parroquia de András, obrigou a cortar o tráfico no enlace cara á vía rápida que une Cambados e Vilagarcía.
O lume iniciouse pasadas as 17:00 horas, propagándose con rapidez a causa do forte vento reinante.
O intenso fume que cruzaba a calzada obrigou ao seu peche debido á perigosidade e a proximidade das lapas.
As brigadas forestais traballaron dende esa hora no lugar coa axuda de efectivos de Protección Civil e medios aéreos da Xunta de Galicia.
A rápida intervención permitiu o control do incendio en apenas unha hora.