Borja Sémper (PP): "En Pontevedra viene bien que entre gente nueva, no tan aburguesada"
Por Natalia Puga
ÿ unha das caras máis modernas do PP, usado como exemplo de xuventude e renovación, e este sábado chegou a Pontevedra para falar, precisamente, diso, da presenza dos máis novos en política e do papel que xogarán nas próximas eleccións municipais. Borja Sémper, voceiro do PP no Parlamento vasco e presidente do partido en Guipúscoa, desembarcou no Café Moderno para participar na charla 'Falemos dos Concellos' organizada por Novas Xeracións Pontevedra, e valorou que "en ciudades como esta, donde hay alcaldes que llevan tantos años, viene bien que entre gente nueva".
O líder vasco referiuse aos 16 anos de goberno de Miguel Anxo Fernández Lores e sinalou que, na súa opinión, tras as eleccións municipais de maio, é necesario "que entre gente con nuevo impulso a hacer las cosas de una manera diferente". Refírese a un alcalde que traballe "con más ganas, no tan aburguesado", pois, ao seu modo de ver, "se aburguesan también los de izquierdas". Fronte a Lores defende que "es bueno que entren gente de centro derecha a modernizar las instituciones y darle un nuevo pulso a la política".
Á hora de apostar pola renovación na Administración local non valora tanto a idade do alcalde coma a súa actitude en política, pois es una actitud lo que diferencia a los políticos viejos de los políticos jóvenes, no solo el DNI, no solo la edad" e, ao seu modo de ver, "a veces las instituciones necesitan que se abran las ventanas para que entre aire fresco".
A visita a Pontevedra supón a estrea de Sémper en Galicia e aínda que cre que ese dato "no es relevante para la opinión pública, para mí sí". Chegou satisfeito de que non se cumprise o tópico de que en Galicia sempre chove e "con ganas de comer". E comeuse a atención do público, un Café Moderno cheo no que membros de Novas Xeracións e simpatizantes do PP máis entrados en anos escoitaron moi atentamente os seus consellos de que no partido "debemos seguir evolucionando".
"Tenemos que ser los motores de ese cambio en la confianza perdida por los ciudadanos hacia el ejercicio de la política en general y hacia el PP en particular. Tenemos que demostrar a la gente que nos tomamos muy en serio el cabreo ciudadano", recomendou e reivindicou a "seguridad" que outorga un partido como o PP fronte á "destrucción" de proxectos políticos como Podemos.
"Es una actitud lo que diferencia a los políticos viejos de los jóvenes, no solo el DNI, no solo la edad"
O acto desenvolveuse nun ambiente informal e desenfadado e contou, xunto ao líder vasco, coa presenza dunha das promesas da política galega, o alcalde de Cotobade e no seu día rexedor máis novo de España, Jorge Cubela, que falou dende a perspectiva dunha persoa nova nun concello pequeno do rural e do futuro do municipalismo asegurando que "la juventud en política hace falta".
"Hace falta regeneración y se puede demostrar, como en mi caso, que el DNI no es una excusa ni una desventaja para asumir responsabilidades y cualquier joven hoy en día está sobradamente preparado para formar parte de un gobierno, participar y, sobre todo, que se cuente con su opinión", valorou Cubela, que se mostra partidario de que, ao igual que se están a renovar as administracións, é necesario rexenerar as estruturas políticas.
Os presidentes local e provincial do PP, Jacobo Moreira e Rafael Louzán, tamén tiveron protagonismo no acto. Moreira destacou a Borja Sémper como símbolo de "modernidad y una nueva forma de hacer política" e transmitiu aos mozos presentes no acto a necesidade de pensar na súa xeración, pois "sois el futuro".