Cae o histórico narcotraficante Alfredo Cordero en Vilanova
Por Redacción
O histórico narcotraficante Alfredo Cordero González, coñecido como "Engarellas", volveu caer. Axentes da Sección de Pontevedra da Unidade de Delinuencia e Crime Organizado (Udyco) detivérono este xoves no seu domicilio de Vilanova de Arousa.
Cordero González tiña o seu domicilio fixado en Vilanova xunto á súa familia dende que saíu en liberdade dunha longa estanza en prisión polo intento de intruducir cinco toneladas de cocaína a través da costa asturiana de Tapia de Casariego. Mesmo montara un negocio de hostalaría na zona do Terrón.
Fontes policiais confirmaron que o arresto se produciu pola súa presunta vinculación cun alixo de dez quilos de heroína pola que foron detidas varias pesonas en distintas comunidades autónomas. O operativo, dirixido dende Udyco central, segue aberto e na provincia de Pontevedra produciuse só esta actuación.
Alfredo Cordero, de 62 anos, fora detido na operación Nécora no ano 1990, pola que finalmente foi absolvido. Posteriormente, caéronlle 18 anos de cárcere polo alixo asturiano e, tras saír de prisión, regresou á casa familiar arousana.
Tras prestar declaración quedou en liberdade con cargos.