Escolares do colexio Sek-Atlántico protagonizan un pleno en Poio
Por Redacción
Este mércores, alumnos do colexio SEK-Atlántico e o propio alcalde de Poio, Luciano Sobral, participaron nun particular pleno onde tanto os concelleiros de goberno coma da oposición eran os pequenos estudantes.
Convertidos en concelleiros por un día, este inusual pleno tratou temas coma a conservación do patrimonio do Concello, a posta en marcha dun roteiro paisaxístico polo Monte Castrove ou unha campaña de axuda á práctica do deporte local para promocionar o noso concello.
Ademais, como último punto da orde do día, o público asistente preguntou ao alcalde sobre o marisqueo, a seguridade viaria, as pintadas dos petróglifos da Caeira, os hórreos ou os concertos e festas deste ano.