O Concello de Marín poñerá en marcha un novo concurso de ideas para os espazos portuarios
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acaba de ratificar a caducidade do vello proxecto do aparcadoiro subterráneo e o centro de ocio proxectado pola Autoridade Portuaria a mediados da década pasada en terreos próximos á Praza de España.
Agora dende o equipo de goberno tratarán de impulsar un novo concurso de ideas conxuntamente coa Autoridade Portuaria. Así mesmo buscarase a posibilidade de que o proxecto conte con financiamento europeo.
Dende o goberno local sinalaron que "nos segue parecendo fundamental a ubicación futura dun aparcadoiro subterráneo que terá que ser construído e explotado pola iniciativa privada", apuntaron.
Ademais considérase unha instalación "multiúsos" no espazo máis próximo á Praza de España. A idea é crear unha gran praza para espectáculos ao aire libre que se complemente co edificio público e coa instalación que acollerá aos clubs de remo e piragüismo no o paseo Alcalde Blanco.
O goberno local espera que este proxecto conte co maior consenso posible.