Un detido por roubar en vehículos próximos a colexios e gardarías de Pontevedra e A Coruña
Por Redacción
A Garda Civil detivo un veciño de Vilagarcía de Arousa como suposto autor de 15 furtos e un delito de roubo con forza en interior de vehículos, todo iso delitos cometidos entre novembro de 2014 e principios de 2015.
Os feitos que se atribúen a J.G.C.S., de 34 anos e con antecedentes policiais, aconteceron na súa totalidade nas inmediacións de colexios de educación infantil e gardarías de municipios das provincias de Pontevedra e A Coruña.
O modus operandi é o mesmo utilizado noutros roubos rexistrados en 2014 na mesmo zona e tamén atribuídos ao agora detido. O ladrón controlaba a primeira hora da mañá os vehículos que chegaban ao centro de ensino para detectar os que deixaban estacionados coas portas abertas e chaves no contacto.
Segundo informou a Garda Civil, unha vez seleccionado o vehículo, o agora detido aproveitaba o momento no que o condutor se ausentaba para levar o menor ao colexio para apropiarse dos bolsos, teléfonos móbiles e outros efectos de valor que puidese encontrar no seu interior.
Axentes do cuartel da Garda Civil de Cambados volveron deter a JG.C.S., como suposto autor deses 16 delitos, 15 furtos e un roubo. O home quedou en liberdade coa obriga de presentarse ante o Xulgado de Instrución número 4 de Cambados cando llo requiran.