41 pontevedreses reciben unha paga extra sorpresa de Nadal, 1.000 euros
Por Redacción
A supresión da paga extra de Nadal aos empregados públicos non foi máis que a gota que encheu o vaso dos miles de pontevedreses que este ano, como consecuencia directa da crise económica e a destrución de emprego, quedaron sen extra. 41 delas, recibirana por sorpresa, nun pagamento de 1.000 euros.
Trátase dos clientes de 'La Caixa' beneficiados dentro do programa Nómina multiEstrella. A entidade repartirá un total de 4 millóns de euros en catro sorteos de 1.000 pagas de 1.000 euros, entre os clientes que pertencen ao programa Nómina multiEstrella en España. Efectuado o segundo sorteo desta iniciativa, deu como resultado que 112 son galegos e 41 pontevedreses.
A entidade efectuará catro sorteos: o primeiro realizouse o 24 de outubro e o segundo o pasado 21 de novembro; os seguintes celebraranse este 19 de decembro e o 23 de xaneiro. Os clientes participarán, automaticamente, só por pertencer ao programa de familias Nómina multiEstrella.