Protestar na rúa como única saída
Por Oskar Viéitez
A Alianza Social Galega, plataforma integrada por sindicatos e numerosos colectivos galegos, convocou mobilizacións en diversas localidades galegas o próximo día 20 de decembro para dar unha "resposta colectiva" contra as "nefastas políticas antisociais" desenvolvidas polos gobernos do PP que "só traerán máis paro, o empobrecimiento da poboación e o aumento da exclusión social".
Hoxe compareceron en rolda de prensa os secretarios comarcais de UXT-Pontevedra, Ramón Vidal; o de CC.OO., José Luís Gracía Pedrosa; así como o da CIG, Rafael Iglesias.
"O PP consigue que todos os sectores se posiciones contra as políticas que están a levar. Bueno, todos agás a Igrexa", dijo Pedrosa.
Todos xuntos realizaron un chamamento á cidadanía a que se sumen a esta iniciativa, participando nunha concentración ante a Subdelegación do Goberno en Pontevedra, este xoves, 20 de decembro, a partir das 19:30 horas.
concentración ante a Subdelegación do Goberno en Pontevedra, xoves 20 de decembro, 19:30 horas
Con esta mobilización manifestarán o seu rexeitamento á "falta de revalorización das pensións, recortes en sanidade, a nova lei de educación, as tasas xudiciais e a normativa hipotecaria". O lema escolleito é "Por outra saída da crise".
Rafael Iglesias explicou que "as organizacións e entidades que conformamos a Alianza Social Galega para dar unha resposta colectiva ás nefastas políticas antisociais" que, seguindo os ditados da Unión Europea, do Fondo Monetario Internacional, do Banco Central Europeo e da "patronal máis neoliberal", están desenvolvendo os Gobernos de Galicia e o Estado, "denunciamos unha vez máis os novos recortes impostos polo Partido Popular que van traer máis paro, o empobrecemento da poboación e o aumento da exclusión social".
Finalmente García Pedrosa recordou que "o Goberno de Mariano Rajoy celebra o seu primeiro ano de goberno impoñendo novos recortes nas pensións e na educación, privatizando a xustiza e condenando á pobreza extrema as familias e persoas desafiuzadas; en definitiva, ditando normas que nos fan retroceder varias décadas en liberdades e dereitos sociais e laborais".
"Un ano de goberno no se se institucionalizou a mentira, sen escrúpulos, con toda a jeta", concluíu Pedrosa.