A Xustiza desestima o recurso de Varela Villamor polo modificado do arrabal de Santa María
Por Redacción
A Sala do Contencioso do Tribunal SUperior de Xustiza de Galicia (TSXG) ven de ratificar a decisión do xulgado do contencioso-administrativo número 2 de Pontevedra desestimando de novo o recurso presentado pola empresa Varela Villamor polo que a firma construtora reclamaba ao Concello o pagamento de 164.153,05 euros por modificados introducidos no contrato de reforma do "arrabal de Santa María".
A empresa reclamaba ao Concello sobre a base de que houbo unha modificación do proxecto.
No fallo xudicial recórdase que se trataba dunha adxudicación de proxecto e obra (proxecto mixto) e que a empresa non alegou senón que aceptou o modificado.
O goberno local entende que esta sentenza ten "especial interese" de cara a outras reclamacións similares.
O TSXG "Rexeita que esteamos perante un desequilibrio substancial nas condicións financieiras do contrato un enriquecimento inxusto para o Concello ou una prestación sumamente gravosa para a adxudicataria-, sendo que, antes ben, as continxencias do caso quedaron sometidas ou dentro do ámbito de principio de risco e ventura que rexe na contratación pública, alén diso, compensadas e aceptadas coas modificacións documentadas (e pagadas)"