Melloran o saneamento e o pavimento de tres camiños e rúas de Poio
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un total de 182.846 euros investiu a Deputación nas últimas semanas nas obras de ampliación de servizos de saneamento e pavimentación levadas a cabo pola institución provincial en varios camiños e rúas das parroquias de San Salvador e San Xoan de Poio e que executa a empresa Viaqua.
Estes traballos foron visitados este martes polo presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o alcalde de Poio, Luciano Sobral. Ambos destacaron que as obras acometeronse en tres zonas nas que o saneamento era moi necesario tendo en conta a densidade de poboación que estaba sen este tipo de servizos.
O primeiro deles tivo lugar na rúa Ucha de Arriba de 513 metros de lonxitude. A obra de pavimentación e mellora do firme afectou a unha superficie de 2.033 metros cadrados.
O segundo traballo de pavimentación, mellora do firme e dotación de saneamentos foi no Camiño Pereiro, de 549 metros de lonxitude e unha superficie de pavimentación de 2.133 metros cadrados.
E o terceiro, de idénticas características ao anterior, realizouse no camiño entre a Avenida Peirao Besada e a Avenida da Praia, de 113 metros de largo e 452 metros cadrados de actuación.
Nas citadas zonas, a Deputación instalou canalizacións para saneamento e para recollida de augas pluviais, e mellorou o firme con recheo de zahorra, aglomerado en quente e pavimentación con formigón.