Andrés Díaz presentará a súa candidatura na asamblea local dos socialistas de Ponte Caldelas
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O PSOE de Ponte Caldelas convocou aos militantes, simpatizantes e veciños do concello a unha asemblea aberta na que se elixirá o candidato e a candidatura para as próximas eleccións municipais.
Nos pasados comicios locais a agrupación socialista de Ponte Caldelas foi a única de toda Galicia na que houbo primarias para elixir candidato, sendo elixido Andrés Díaz como candidato, polo que nesta ocasión e "avanzando cos tempos" o PSdeG quere abrir esta participación aos veciños.
Andrés Díaz presentará a súa candidatura este sábado na Asemblea Extraordinaria, convencido de que o equipo que presentará será o próximo Goberno de Ponte Caldelas.
O actual voceiro do grupo municipal socialista di ser "consciente da necesidade dun cambio en Ponte Caldelas despois de case 40 anos de maioría absoluta do PP, esta necesidade é palpable por todos no noso pobo, polo que afronto este reto convencido, ilusionado e disposto a ser o alcalde de todos co obxetivo e compromiso de levantar un pobo que morre pouco a pouco".