Amnistía Internacional quere crear un grupo de acción en Pontevedra
Por Redacción
A organización no (ONG) Amnistía Internacional ten previsto manter unha reunión informativa este martes 20 a partir das 19.00 horas no Edificio Administrativo da Deputación co obxectivo de que se integren novos activistas.
Este colectivo que se encarga da defensa dos dereitos humanos encóntrase presente en case todos os países do mundo, con máis de 7 millóns de socios, socias, activistas e simpatizantes. En España suman máis de 72.000 socios.
Amnistía Internacional pretende, a través desta reunión, crear un grupo de acción na capital da provincia co obxectivo de mobilizar e sensibilizar a xente da cidade con actos de rúa nos que se denuncien violacións de dereitos humanos.
A través deste traballo inténtase axudar persoas que non gozan de liberdade de expresión, reunión ou manifestación, a persoas condenadas a morte, torturadas, ameazadas ou discriminadas inxustamente.