A noite de Fin de Ano obriga a interromper temporalmente a recollida de lixo e o servizo de Radiotaxi
Por Redacción
A noite de Fin de Ano provoca, como vén sendo habitual, a interrupción temporal dalgúns dos servizos que se prestan na cidade de Pontevedra. Búscase así que os seus traballadores tamén poidan gozar en familia da tradicional cea de saída e entrada de ano.
Así, non haberá servizo de recollida de recollida de lixos esta noite. Si se levará a cabo un reforzo do servizo o día 1 de xaneiro, ao igual que xa aconteceu tras a pasada Noiteboa.
En todo caso, dende o Concello solicitan a colaboración dos veciños para que eviten, na medida do posible, depositar as súas bolsas nos colectores durante esta noite.
Ademais, tampouco funcionará o servizo de Radiotaxi de Pontevedra, se ben neste caso só será dende as dez da noite ata a unha da madrugada. Interrómpese temporalmente para que os traballadores que están en quenda poidan cear nas súas casas.