Tres feridos nunha colisión en Vilanova de Arousa
Por Redacción
Tres persoas resultaron feridas e tiveron que ser evacuadas polo los servizos sanitarios de urxencia este sábado ao resultar feridas nun accidente en Vilanova de Arousa.
O accidente produciuse cara ao mediodía na estrada que une Vilagarcía con Pontevedra, ao seu paso polo termo municipal de Vilanova, e consistiu nunha colisión entre dous turismos, segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112.
O 112 Galicia recibiu a alerta ás 12.20 horas e pediu a colaboración da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil de Vilanova de Arousa.