Retiran unha árbore de grandes dimensións que caera no leito do río Verdugo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Operarios municipais do Concello de Ponte Caldelas procederon a retirar unha árbore de tamaño considerable que caera sobre o leito do río Verdugo.
Trátase dun carballo que se esborrallou durante a crecida que o río experimentou en outubro debido ás fortes choivas.
A posibilidade de que novas crecidas durante o inverno puidesen desprazar o tronco e causar danos o alcalde, Perfecto Rodríguez, ordenou cortar a árbore e retirala da canle.
Os traballos prolongáronse durante varios días dado a complexidade dos mesmos, xa que a presenza dunha pasarela de madeira dificultaba o acceso de maquinaria.
Por ese motivo as brigadas municipais achegaron o tronco á beira cun cable de aceiro para despois trocealo aos poucos e facilitar así a súa recollida.