O PP mételle presa a Ana Pastor para que proceda á inmediata licitación do tramo Vilaboa-A Ermida da A-57
Por Oskar Viéitez
O grupo municipal do Partido Popular presentará unha moción no último Pleno do ano na que se solicitará ao Ministerio de Fomento que proceda á licitación inmediata do tramo entre Vilaboa e A Ermida, cumprindo así o compromiso adquirido coa cidade de Pontevedra nos últimos Orzamentos Xerais do Estado.
A nosa cidade é a única capital de provincia que non conta cunha circunvalación, imprescindible para articular o noso territorio, sinala o presidente local do Partido Popular, Jacobo Moreira.
Os populares consideran que a A-57 permitirá liberar de tráfico pesado os tramos urbanos da N-550 e da N-541, e ademais poñerá en valor os polígonos de O Campiño e A Reigosa ao mellorar o seu acceso.
O pasado mes de marzo someteuse a información pública este tramo e hai cinco meses obtívose a declaración de Impacto Ambiental favorable.
Na reunión do Comité Executivo Local do Partido Popular, Moreira sinalou que é necesario manter, como ata agora, unha postura unida de todas as administracións para lograr que a circunvalación, tan necesaria, sexa dunha vez por todas unha realidade.
A reunión contou coa presenza de Alfonso Rueda e Pilar Rojo.
Relacionadas:
-
Pontevedra urxe a Fomento unha pronta licitación do tramo da A-57 entre Vilaboa e A Ermida
Por Diego Espiño |
-
Luns de lotaría e de Pleno
Por Alejandro Espiño |
-
Antón Louro critica o "electoralismo barato" do PP local
Por Redacción |
-
'Salvemos a Fracha' invita a Ana Pastor a dar un paseo pola Serra da Fracha, ameazada pola A-57
Por Redacción |
-
Os Presupostos Xerais do Estado inclúen 25 millóns para a autovía A-57 en 2015
Por Diego Espiño |
-
Ana Pastor asegura que non se moverá "ni un arbusto" para construír a A-57 sen ter o visto bo ambiental
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello propón que a circunvalación salve con túneles as estribacións da Fracha
Por Oskar Viéitez |