Os universitarios coñecen os seus niveis de graxa ou glicosa e informáronse sobre nutrición ou sexualidade
Por Redacción
Coñecer os niveis de glicosa en sangue ou a porcentaxe de graxa corporal, saber cal é o teu grupo sanguíneo ou recibir unha serie de consellos sobre nutrición e sexualidade.... Todo iso, sen saír do campus, grazas os Martes ConVida.
Esta iniciativa da Vicerreitoría do campus de Ourense achegouse por terceira vez ata o de Pontevedra para ofrecer a posibilidade de someterse a un rápido exame co que coñecer o verdadeiro estado de saúde e recibir unha serie de recomendacións personalizadas, como as que ao longo deste martes lle proporcionaron a máis de 60 persoas na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.
O obxectivo final é crear hábitos saudables. A través das diferentes probas que lles van realizando estudantes e titulados de graos como Enfermería, Ciencias e Tecnoloxía dos Alimentos ou Educación Social, as persoas que pasaron polo posto instalado na planta baixa da facultade puideron saber cal era a súa tensión arterial, coñecer cal era o seu grupo sanguíneo ou, no caso das persoas fumadoras, someterse a unha proba na que se mide o nivel de monóxido de carbono por aire expirado e se lles informa, en base a unha serie de parametros, do risco que teñen de padecer enfermidades como un cancro de pulmón, como apunta a educadora social Carmen Pérez, unha das persoas que se situaron á fronte deste posto nesta xornada.
Deste xeito, como engade Carmen Pérez, "alumnos que igual levan moito tempo sen ir ao médico teñen aquí a posibilidade de facerse unhas especie de chequeo rápido e obter unha información que lle podería levar a mudar determinados hábitos pouco saudables.