A Lama solicita á Deputación a mellora da estrada Portela-Santa Ana
Por Redacción
O alcalde da Lama, Jorge Canda, solició ao presidente da Deputación, Rafael Louzán, a inclusión da mellora da estrada Portela-Santa Ana nos plans de actuación do ente provincial debido á importancia que supón para os veciños da zona este vial de conexión coa vila.
O proxecto de mellora desta estrada de aproximadamente un quilómetro de trazado considera o rebaixe e asfaltado do pavimento, así como a limpeza e creación de taxeas para evitar que a auga pluvial se acumule na entrada das vivendas e zonas de acceso a propiedades dos veciños da zona.
A intención do alcalde da Lama, Jorge Canda, é que se aproveite a intervención nesta estrada para mellorar a seguridade vial coa construción dun tramo de beirarrúas que dean servizo no entroncamento final coa Lama.
Esta obra forma parte das peticións realizadas polos veciños da zona que en moi necesaria a reparación dun vial que é o principal modo de acceso que teñen estes residentes ao centro da vila. Así mesmo, tamén resulta utilizado por un volume importante de tráfico que acceden á Lama por esta estrada.
Jorge Canda espera que a urxencia e necesidade desta obra, así como a utilidade desta sexan estimadas positivamente pola Deputación de Pontevedra e poidan ser incluídas a principios do ano que vén nos plans de actuación e obras do organismo provincial para que se execute canto antes.