O 44% dos pontevedreses teñen que adaptar a súa antena colectiva
Por Redacción
Na provincia de Pontevedra máis de 16.400 edificios equipados con monocanais ou centrais programables deben adaptar os seus sistemas de antena colectiva ás tres frecuencias que cambian.
O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo informou que Pontevedra está máis afectada que a media nacional en canto ao número de frecuencias que cambian e, polo tanto, canles de televisión afectadas e é conveniente que chamen o seu instalador o antes posible. Xeralmente, estes edificios adoitan ser de tamaño medio ou grande. Polo tanto, as comunidades de propietarios que aínda non realizasen estas adaptacións deben solicitar canto antes presupostos a empresas instaladoras rexistradas para realizala antes do 31 de decembro.
O listado pódese consultar en: www.televisiondigital.es.
Esta adaptación de instalacións afecta case a uns 400.000 cidadáns de Pontevedra, o 44% da poboación.
SOLICITUDE DAS AXUDAS
Poden solicitar unha subvención as comunidades de propietarios suxeitas ao réxime de propiedade horizontal que conten nos seus edificios con instalacións de antenas colectivas de recepción de televisión con central programable ou amplificadores monocanal, e realizaranse a través da plataforma online de Red.es dispoñible en https://ayudas.televisiondigital.gob.es.
Relacionadas:
-
Apágase a antena de Domaio por motivos de coordinación internacional
Por Oskar Viéitez |
-
Así afecta o Dividendo Dixital aos nosos televisores: Fases e axudas para a adaptación de antenas
Por Redacción |
-
196.000 vivendas pontevedresas deberán adaptar as súas antenas para seguir vendo a TDT
Por Redacción |