Atraco no casco histórico: "Tenía el cuchillo ya encima, para rajarme; me libré porque saqué la laca"
Por Natalia Puga
Eran as 19.20 horas do mércores 26 de novembro. María Inmaculada estaba soa na súa tenda da rúa Isabel II, no casco histórico de Pontevedra, cando entrou un home coa cara tapada cun colo e a carapucha da cazadora. En cuestión de segundos estaba ao seu lado, no mostrador, coitelo en alto, e ela encontrouse con que "tenía el cuchillo ya encima, como para rajarme". Nese momento, "me libré porque saqué la laca". Encheulle a cara cun bote que tiña ao lado e saíu fuxindo.
María Inmaculada librouse dun fatal desenlace, pero non se sente en absoluto tranquila. ÿ xa o segundo atraco que sofre nun ano. A diferenza do sucedido o inverno pasado, nesta ocasión, o asaltante non se levou nada, pero para ela iso xa é o de menos. Cre que "si no llego a tener la laca, no lo hubiera contado", pois o home chegaba nunha actitude moi violenta e cun coitelo "muy grande, como de carniceiro".
"Me hubiera bajado el cuchillo tranquilamente. Lo vi como muy desperado", asegura esta pontevedresa, propietaria da tenda Carnaby. Segundo asegura, o home entrou xa co coitelo en alto e dirixiuse directamente ao mostrador."Yo le decía que se fuera, que otra vez no, que se fuera", explica, pero el fixo oídos xordos porque "lo que quería era acorralarme en el mostrador y llegar a la caja".
"Somos tan comercios como los de la calle Inditex. Allí siempre hay policías, pero en la zona vieja muy pocos"
Dous días despois, e tras presentar unha denuncia ante a Comisaría do Corpo Nacional de Policía, relata que o peor é a sensación de "inseguridad" que sente, pois "el miedo es que vuelva y que me haga realmente daño y ahí no me va a valer de nada ni tener la laca ni llamar a la Policía". Ademais, aínda non sabe nin como conseguiu reaccionar esta vez. Supón que "le vi el cuchillo tan cerca de mí que actué por instinto", pero descoñece se volvería a ter os mesmos reflexos de atoparse de novo na mesma situación.
Esa sensación de intranquilidade de encontrarse cara ao público agudízase ante a falta de medios policiais que cre que hai no casco histórico de Pontevedra, onde "a partir de las siete de la tarde no hay nadie y tampoco policía" e iso motiva que o ano pasado se producise unha serie de roubos na que resultaron afectados "casi todos" os negocios da zona. Ela está "acojonada" e nin quere que a súa cara saia nas fotos por medo a atopar algún atracador pola rúa e ten unha compañeira de traballo que "me dice que no sabe cómo va a hacer para ir a trabajar, que tiene miedo".
Ten confianza en que os axentes da Policía Xudicial que están a investigar os feitos -agora están a estudar as imaxes da cámara de seguridade- farán un bo traballo, pero quéixase de que hai poucos recursos na rúa: "Somos tan comercios como los de la calle Inditex -por Benito Corbal-. Allí siempre hay policías, pero en la zona vieja muy pocos".