Evacuado un traballador ferido ao caer nun tanque dun buque en Marín
Por Redacción
Un traballador foi trasladado polos servizos sanitarios de urxencia a un hospital de referencia tras inhalar gases ao caer no tanque dun buque que estaba pintando.
Un alertante pedía axuda ao Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia ao fío das 11:30 horas. Tras o aviso, de inmediato, se puxo en marcha un dispositivo no que participaron ademais de Urxencias Médicas, os axentes da Policía Nacional e da Garda Civil, así como os efectivos de Protección Civil de Marín.
Tamén se informou aos bombeiros do Morrazo que aínda que non chegaron a intervir, si inspeccionaran o lugar donde se produciu o accidente. O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias tamén informou do suceso á Autoridade Portuaria.