Consumo detecta casos de familias pontevedresas enganadas polas empresas eléctricas
Por Oskar Viéitez
Desde a posta en marcha das oficinas de asesoramento sobre aforro enerxético postas en marcha o pasado 2 de setembro pola Deputación de Pontevedra e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL), un total de 3.273 persoas recibiron información e asesoramento individualizado sobre fórmulas de aforro no seu recibo da luz.
Fórmulas que, segundo explicou este venres Dolores Chapela, técnica da UCGAL que presta asesoramento na oficina de Pontevedra, se centran na modalidade de contratación, o tipo de tarifa e a potencia contratada. Tendo en conta estes tres factores, o aforro pode chegar ata os 200 euros mensuais.
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, está barallando a posibilidade de ampliar novamente este período de atención ao público, que inicialmente esta previsto que finalizase o 31 de outubro e que xa foi ampliado nas catro oficinas citadas ata o 30 de novembro.
PRINCIPAIS CONSULTAS
Dolores Chapela lembrou que "existe moitísima confusión sobre con quen se ten contratado a subministración eléctrica", xa que nas propias oficinas "temos rexistrado moitísimos casos de persoas que os pasaron ao mercado libre sen consentimento, só facendo unha xestión de cambio de titular ou de tarifa".
Esta situación non só fai que os fogares paguen máis que se estivesen no mercado regulado, senón que tamén lle pecha as portas a beneficios como a Tarifa de ÿltimo Recurso ou o tícket eléctrico.
Relacionadas:
-
A CIG propón que Galicia teña unha tarifa eléctrica máis barata que a española
Por Redacción |
-
Máis do 80% das 3.500 familias atendidas pola Unión de Consumidores pagaban de máis na súa factura eléctrica
Por Redacción |
-
Amplían ata finais de novembro o servizo de asesoramento da factura enerxética
Por Redacción |
-
Expertos tratarán de poñer luz sobre a factura eléctrica
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra acollerá unha das 10 oficinas de asesoramento personalizado sobre a factura eléctrica
Por Redacción |