Deteñen un adestrador persoal de Pontevedra acusado de vender anabolizantes de forma irregular
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A Garda Civil detivo este xoves ao propietario dunha situada na rúa Perfecto Feijóo de Pontevedra e especializada en nutrición e suplementación deportiva. Acúsano de vender anabolizantes de forma irregular, segundo fontes da investigación. Xunto a el, foron imputadas tamén outras tres persoas.
A todos eles se lles considera supostos autores dun delito contra a saúde pública.
Durante as últimas horas, axentes da Garda Civil efectuaron un rexistro no establecemento, de cuxo interior se levaron un ordenador. Tamén revisaron o domicilio particular do detido na rúa Santa Clara, onde localizaron diferentes substancias.
Dende as autoridades recordan que este tipo de anabolizantes só se poden vender se existe unha prescrición médica que o autorice.
O detido pasou a disposición xudicial no Xulgado de Instrución número 2 de Pontevedra. Tras declarar ante o xuíz quedou en liberdade con cargos.
Trátase dunha persoa moi coñecida no ámbito deportivo da cidade. Foi varias veces campión de España en diferentes disciplinas do culturismo e, actualmente, traballa como adestrador personal.
A raíz da publicación desta información, o detido quixo matizar que non está vinculado coa venda irregular de anabolizantes, senón que o único que se lle atribúe é un delito contra a saúde pública porque o seu nome saíu mencionado nunha conversación telefónica relacionada con produtos farmacéuticos.