As praceiras de Vilagarcía aprenden trucos para incrementar a "compra por impulso"
Por Redacción
Os vendedores da Praza de Abastos de Vilagarcía abordan na segunda sesión do mentoring organizado pola Concellería de Mercados dous importantes aspectos para afondar na modernización e mellora da imaxe da súa actividade comercial. Os dezaseis praceiros que participan na iniciativa de formación traballaran as estratexias de colocación de producto, o uso do merchandising e a compra por impulso.
A segunda xornada do mentoring "Comer cos ollos" impartirase este martes pola tarde (de 17 a 20 horas) na sede do coworking Dalleqdalle, na rúa Méndez Núñez. A actividade seguirá a esquema da sesións celebradas a pasada semana na que os mentores, Diego Parajó e Chío Infante, encargáronse de explicar aos praceiros algúns dos proxectos de modernización de mercados públicos levados a cabo en Galicia, como o de Santiago de Compostela.
CONTRATACIÿN DE 20 BENEFICIARIOS DA RISGA
O Concello de Vilagarcía xa remitiu ao servizo Público de Emprego a oferta para a contratación de 20 desempregados beneficiarios da RISGA en base á orde da Consellería de Traballo e Benestar do 30 de maio. En base a esta convocatoria, un total de persoas en situación de desemprego e que se atopan en situación ou risco de exclusión social, poderán acceder a un contrato laboral de sete meses de duración. Os interesados deben estar inscritos nas listas de demandante de emprego do Servizo Público de Emprego, organismo que se encargará de preseleccionar aos aspirantes.
O Servizo Público de Emprego (antigo INEM) remitirá ao Concello a lista de candidatos con aquelas persoas que cumpran os requisitos establecidos nas bases da convocatoria.
As contratación terán un período de 7 meses e serán de xornada a tempo parcial de 28 horas e 12 minutos semanais. A función destes traballadores será a realización de traballos e servizos de interese xeral ou social.