Moreira quéixase da "improvisación" na execución varias obras urbanas
Por Redacción
O voceiro do grupo municipal do Partido Popular en Pontevedra, Jacobo Moreira, criticou nun comunicado remitido aos medios de comunicación o que entende por "improvisación" do goberno local en varias das obras urbanas que se están a acometer na actualidade.
Así Moreira cita os lombos instalados en Estribela, a rotonda de San Roque ou o segundo tramo da rúa Blanco Porto, na que asegura "volveron levantar parte da beirarrúa que xa fóra reformada na primeira fase o pasado ano".
O representante do PP local mantén que "improvisación tras improvisación o único que supón son maiores gastos e maiores molestias para os veciños".
Por ese motivo Jacobo Moreira conclúe o comunicado solicitando ao Concello "planificación e organización nas obras que están a realizar polo ben dos pontevedreses".