Condenan por estafa un estradense por pagar as súas viaxes usando a tarxeta de crédito dun amigo
Por Oskar Viéitez
A Sección Cuarta de la Audiencia de Pontevedra resolveu este martes mediante un acordo de conformidade a acusación formulada contra o administrador dunha axencia de viaxes da Estrada por un delito de estafa.
O acusado recoñeceu ter utilizado fraudulentamente dúas tarxetas de crédito dun amigo empresario para contratar noutras axencias de viaxe servizos para os seus clientes.
Segundo os datos facilitados pola Fiscalía o valor cargado sen o consentimento do titular rolda os 66.000 euros.
O fiscal, Juan Carlos Aladro solicitaba inicialmente unha pena de catro anos de prisión e unha multa de 10 meses a razón de 12 euros diarios para este home. Tras o acordo de conformidade alcanzado polas partes este home recoñeceu a autoría dos feitos a cambio dunha condena de 1 ano e medio de prisión cunha multa de 4 euros por cada día.
O fiscal tivo en conta a inexistencia de antecedentes do procesado. En concepto de responsabilidade civil o tribunal imponlle o pagamento de 50.000 euros.
O condenado manifestou a súa vontade de non recorrer a sentenza.
A causa chegou á Audiencia de Pontevedra procedente do Xulgado de Primera Instancia e Instrución Número 2 da Estrada despois de que en abril de 2013 o empresario afectado denunciase a estafa no acuartelamento da Garda Civil.