Aproban o proxecto das obras que afectan a Marín do novo abastecemento de auga
Por Redacción
A Dirección Xeral do Auga, dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, aprobou o proxecto das obras do novo abastecemento de auga a Pontevedra e a súa ría que afectan a Marín, unha vez que se tiveron en conta a aprobación do Plan de Urbanismo e as distintas reunións con técnicos e con veciños. Cando se publique nos boletíns oficiais comezará o prazo de exposición pública.
As obras que se inclúen neste proxecto son as seguintes:
- Conexión co eixe O Casal Outeiro da Barcia, actualmente en execución, finalizando no novo depósito proxectado de Pardavila.
- Condución de distribución desde o novo depósito de Pardavila á rede existente de Marín. Ademais, plantéxase un sistema de conexións coa rede existente de Cadrelo.
- Novo depósito de Pardavila de 2.000 metros cúbicos de capacidade.
- Instalación de by-pass para o enchido do depósito existente de Cadrelo.
- Sistema de telexestión.
O concello solicitou unha copia en papel do proxecto definitivo, que estará a disposición dos afectados para que poidan acceder á información.
O seu presuposto de licitación é de 5.414.992,17 euros e o prazo de execución das obras é de doce meses.
Relacionadas:
-
Acuaes recibe 37 ofertas para as obras de mellora do abastecemento a Marín
Por Redacción |
-
Licitan as obras en Marín para a mellora do abastecemento de auga a Pontevedra e a súa Ría
Por Redacción |
-
Marín programa obras en seis das súas rúas
Por Redacción |
-
Pontevedra, Sanxenxo e Poio xa reciben auga da nova rede de Acuaes
Por Redacción |
-
Un verán máis con problemas de abastecemento de auga en Marín
Por Redacción |