6 millóns de euros para mellorar os camiños municipais de toda a provincia
Por Oskar Viéitez
Preto de 6 millóns de euros para mellorar os camiños municipais de toda a provincia. O diñeiro procede nun 75% do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), o Ministerio de Agricultura e Medio achegará un 12,13% dos fondos e a Xunta e a Deputación o 12,87% restante.
O programa, coñecido como o Plan Marco, estenderase dende a data da súa firma ata o 31 de decembro de 2015.
O seu obxectivo principal é "mellorar as condicións de vida dos residentes nas áreas rurais, poñendo en valor as dotacións existentes de infraestruturas básicas, e levar a cabo actuacións dirixidas a fomentar a implantación e mellora dos servizos básicos demandados pola poboación rural".