Absoltos!
Por Redacción
A Audiencia Provincial emitiu o fallo polo que revoca a sentenza do Xulgado do Penal número 1 de Pontevedra que condenaba os sindicalistas Carlos Búa, de CC.OO; Marcos Cadórniga e Carlos Alján da CIG a cumprir tres anos e un día de prisión por un delito de ameazas e coaccións cometido cando actuaban de piquete durante a folga do sector da Alimentación do ano 2009.
A sentenza establece que "el ejercicio abusivo del derecho de huelga no puede identificarse con la participación en grupos de huelguistas, y tampoco la mera representación de los mismos es, de acuerdo con la Ley, motivo suficiente para ser responsabilizado por el delito de coacciones cometido por otros".
Esta sentenza é firme e non cabe recurso.
Os tres representantes sindicales en compañía doutros membros dos sindicatos mantiñan unha folga rotativa de fame, nunha carpa instalada diante da Audiencia Provincial, dende o pasado 23 de novembro como medida de protesta ante a primeira condena emitida polo Xulgado do Penal que consideraban abusiva.
(HABERÁ AMPLIACIÿN)