Unha muller resulta ferida ao precipitarse o seu vehículo por un barranco en Alba
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un particular alertaba as 14:15 deste luns 13 ao servizo de Emerxencias do 112 da saída de vía dun vehículo que circulaba pola estrada entre Pontevedra e Vilagarcía de Arousa á altura da ITV de Alba na estrada PO-531.
O vehículo lanzábase por un barranco caendo ao redor de 5 metros de altura entre os eucaliptos quedando envorcado nas proximidades dunha zona de maleza. Inicialmente temíase que tivesen que achegarse os bombeiros para excarcerar a condutora. Non obstante, segundo información facilitada polo 112, a muller puido saír do vehículo polo seu propio pé, a pesar do estado no que quedou o turismo.
Tamén foi necesaria a intervención do mantemento de estradas e alertouse ao concello de Pontevedra para avisar da rotura dun dos farois da estrada debido ao impacto.
Ata o lugar desprazouse a Garda Civil de Tráfico e unha unidade medicalizada de ambulancias para socorrer a vítima do accidente.