O luns abre o prazo para solicitar un posto no mercado de flores de Todos os Santos
Por Redacción
As persoas interesadas en vender flores na Praza da Ferrería os vindeiros días 31 de outubro e 1 de novembro, con motivo da celebración da festividade de Todos os Santos, poden pedir xa un posto de venda.
Os vendedores deberán presentarse nas dependencias da Administración do Mercado, sitas na planta alta do Mercado municipal de Abastos (rúa Serra número 5) ao obxecto de retirar a correspondente documentación para a presentación de instancias.
O prazo de presentación das solicitudes será o comprendido dende o próximo luns día 13, ao 28 de outubro, ambos incluídos, en horario de 9.30 horas a 14.00 horas, segundo informa a Concellería de Promoción Económica, Emprego e Turismo.