O matadoiro inicia as obras para corrixir as deficiencias que levaron ao peche preventivo
Por Natalia Puga
A empresa concesionaria do matadoiro municipal, Carnifex, iniciará a próxima semana as obras necesarias para poder reabrir as instalacións despois do peche preventivo decretado pola Administración autonómica o 30 de abril tras detectar numerosas irregularidades. A firma recibiu un informe da Delegación Territorial da Consellería de Sanidade que detalla as deficiencias detectadas e fontes laborais confirmaron que xa se deu orde de comezar a reparalas.
O Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra enviara un escrito a Sanidade requiríndolle que informase sobre as medidas que tiña que aplicar Carnifex e, tras recibilo, o administrador concursal, José Taboada Calvar, instou a empresa a que realizase as accións necesarias. Finalmente comunicouse aos traballadores que esas obras comezarán en cueatión de días.
As obras que hai que realizar nas instalacións son menores, segundo sinalaron fontes laborais a PontevedraViva. Trataríase de tarefas de mantemento, pintado, limpeza ou substitución de portas e prevese que poidan tardar en executarse entre unha semana e dez días.
Os traballadores piden ás distintas administracións públicas implicadas "que no pongan más trabas a la empresa"
O xulgado, a instancias do administrador concursal, contactou coa Xunta para saber que medidas debían aplicar para cumprir os requisitos esixidos por Sanidade para poder retomar a actividade. Agora que se coñecen esas medidas e se puxeron en marcha accións para aplicalas, os traballadores piden ás distintas administracións públicas implicadas "que no pongan más trabas a la empresa" e se permita reabrir as instalacións de Alba.
En concreto, reclaman a implicación da Consellería de Sanidade e do Concello de Pontevedra, entidade que lles ofreceu a súa colaboración tras decretarse o peche preventivo da instalacións e á que agora "le pedimos que nos echen una mano y no dificulten la actividad de la empresa".
A empresa Carnifex entrou en concurso de acredores en xullo, de modo que agora todo está en mans do administrador concursal. Ademais, os traballadores están nun Expediente de Regulación de Emprego (ERE) temporal que se esgota o próximo 30 de novembro. Antes de que venza o prazo, as obras deberían estar rematadas, de aí que os representantes dos traballadores pidan implicación e colaboración porque "sino tendríamos que ir al paro en menos de dos meses".
O Concello de Pontevedra abriu un expediente informativo á empresa concesionaria poucos días despois do peche preventivo por "seguridade alimentaria" e aínda non hai constancia da resolución deste.
Relacionadas:
-
Un xulgado anula a multa de 14.000 euros de Sanidade ao matadoiro tras o peche cautelar de 2014
Por Natalia Puga |
-
O matadoiro retoma a súa actividade
Por Redacción |
-
Sanidade prevé levantar a suspensión de actividade ao matadoiro municipal nos vindeiros días
Por Natalia Puga |
-
O Concello acometerá o derrube da antiga canceira e o arranxo do valado do matadoiro municipal
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O xulgado pide información á Xunta sobre as medidas necesarias para reabrir o matadoiro
Por Natalia Puga |
-
A empresa concesionaria do matadoiro entra en concurso de acredores
Por Oskar Viéitez |
-
Preocupación entre os traballadores ante a falta de noticias sobre a reapertura do Matadoiro
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O Concello abrirá un expediente á concesionaria do matadoiro tras o seu peche preventivo
Por Redacción |