Merca unha flor 'Non me olvides' para lembrarte e colaborar cos enfermos de Alzheimer
Por Redacción
Os pacientes do obradoiro de manualidades da Unidade de Día do Grupo Hospitales Miguel Domínguez crearon durante as últimas semanas numerosas flores de cartolina ás que bautizaron co lema 'Non me olvides' para colaborar na campaña que puxo en marcha a Asociación Galega para a axuda dos enfermos de Alzheimer (AGADEA) con motivo da conmemoración do Día Mundial desta doenza, que se desenvolveu durante o 21 de setembro.
Estas flores están dispoñibles para todos aqueles que queiran colaborar nesta campaña no Centro de Dano Cerebral e Neurociencias Miguel Domínguez xunto aos dous petos da asociación, para todas aquelas que queiran aportar donativos a este colectivo.
15.000 persoas da provincia vense afectadas por esta demencia que, sobre todo, se presenta en persoas que superaron os 65 anos.